Bos días!
Non sei se vos lembrades de min. Fai case que un ano que uns rapaces moi amábeis recolléronme nunha estrada na miña terra natal, Normandía. Ou iso me din, porque eu xa non me lembro...vai tanto tempo!
Paseino mal, pois tiña moita fame e medo. Eles din que case que morro! Ao cabo, chegamos a esta terra. Eu ao principio non lles entendía nadiña, xa que falaban moi raro. Logo, empecei a comprender a lingua desta terra e agora xa a falo coma se houbera nacido aquí. Sen embargo, o meu compañeiro sempre me di que aínda teño acento francés, non sei se por burlarse de min.
O meu compañeiro é un gato branco, moi moi grande, cun ollo de cada cor. El deféndeme cando algunha gata celosa intenta achegarse e pegarme; mais non fai falla, porque eu son unha gatiña moi forte e valente, e eu podo perfectamente enfrontarme a calquera gata. As veces remato algo ferida e coxa na liorta, pero por sorte aínda me quedan varias ducias de vidas, e curo rápido.
O salto grande foi cando caín dun terceiro piso. Alí si que me manquei! Pero como dixen, eu son unha gatiña forte e fera, en canto puiden, saín de novo para o balcón para amosarlles ós meus amigos que eu non lle tiña medo. É mágoa que a miña demostración de valentía non lles fixera nin chisco de gracia, e o gordo grandón dicía algo de retorcerlle o pescozo a alguén. É máis simpático!
Agora vivo nunha casa baixa, e é pena, co que me gustan a min as alturas. Eu nascín para ser a primeira gata montañeira!, e subir ó Tibet e ós Andes e... O que pasa é que non entenden a miña vocación, e teño que resinarme a subir e baixar os tellados baixos da aldea a todo correr (sobre todo se me persegue algún gato).
Agora vexo as fotos de cando era pequena, e penso que cambiei moito. Agora son forte, xa volo dixen? Pero os meus amigos din que non cambiei nada. Din que sigo a ser a mesma mala besta de sempre. Son tan graciosos! Supoño que se refiren ó meu gusto por xogar, arrabuñar e morder todo o que se move. Eu sei que lles gusta ben que lles faga esas cosas, sobre todo a louriña.
Tamén din que teño uns ollos tristes, un ollar saudoso. Pero é que só vos son unha rapaza e xa volas pasei de carai, eh? Os meus ollos son tristes porque xa lle vin, eu, tan pequena, dúas veces a cara á morte. Pero eu son máis fera que ela, e non me da ningún medo, sabedes?
Todos os que me coñecen din que son unha señorita, e abofé que o son! Din que teño uns andares moi distinguidos, que camiño coma con zapatos de taco alto. E todos, todos, fican engaiolados en canto lles miro con esta cara de neniña boa que teño. A que semella que nunca rompera un prato? É que vos son moi boa! Gústame xogar, iso é todo!
Ate outra, que salte á rede para vos contar como é a miña vida nesta a miña nova terra. Un bico e unha agarimosa gadoupada.
1 de marzo de 2007
A meniña dos nosos ollos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Vai 10 meses que se cruzou no noso camiño este encantador bicharraco.
Ten algo dos dous: é bonitiña, ten moi mala uva, é independente, é agarimosa (cando lle interesa)...
Ainda que me arrabuñe non podo deixar de querela.
jejeje... Qué guapa que estás, bichito!
Me gustó mucho conocerte. Me gustan tus ojitos (los de tu amigo me sorprendieron también).
Tienes muchas vidas aún que gastar, trastillo. Sigue disfrutándolas!
Un besito!
Me gustan los gatos por esa elegancia, ese sigilo, eso ojos tan despiertos...pero, de todas formas, donde esté un perro, a pesar de que pueda ser más tontorrón, me quedo con éste antes que con el minino, más interesado, egoísta y totalmente independiente...
Y claro que hay excepciones como mi gatita Catalina a la que mando un beso, esté donde esté...
Publicar un comentario