28 de junio de 2006

A derradeira lección do mestre



Eu coñecín de pequeno a serie de debuxos de Galicia Martir, de Castelao. De todos eles, poida que sexa éste o que máis me emocionou.

Pintor, poeta, dramaturgo, escritor de contos e sobre todo, xenial caricaturista. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao soubo amosar como ninguén a alma do pobo, con respeito, tenrura máis sinceridade. Tiña unha facilidade abraiante para reflectir o ser profundo dunha persoa en catro liñas.

Deputado nas últimas cortes da II República, vivíu a guerra e o exilio. Ainda sen coincidir de cheo no seu pensamento político, é unha das poucas persoas que admiro sen ambaxes. Por riba de todo, foi un home bó que tivo que morrer a miles de kilómetros da Galiça, que tamén foi a terra que cagou ó asasino, por defende-la terra, à xente à que amaba.

Para coñecer un chisco da súa obra gráfica.

Os primeiros cadernos, debuxando a alma dunha Galiça onde se enfrontaban o caciquismo medieval e a explotación obreira da revolución industrial.
Album Nós, na páxina do museo Castelao.
Cousas da vida

As series de debuxos adicados a Guerra Civil e a represión feixista na Galiça:
Atila en Galicia
Galicia Martir
Milicianos

No exilio, seguíu a debuxar, ainda que a meirande parte da súa producción foi de ensaio político (mentres a súa alma afundía de dor).
Debuxos de negros

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Que bó o debuxo, non o coñecía. E moi bó tamén o teu galego, parabéns :-)

A ver se nos vemos a semana que ven, esta foi imposible... Apertas

Mendiño dijo...

O meu jalejo é bó...de carallo. :p

Tiña outro debuxo posto, mellor dito, o mesmo pero con máis calidade, pero fodéuse a ligazón. :p

Se atopara unha páxina que os tivera con boa calidade aínda facía una escolma dos que máis me gustan.

Vémonos!

Un bico!

Anónimo dijo...

Tódolos debuxos que teño visto de Castelao cobran significado cando se dí que unha imaxe vale máis que mil palabras, aínda que escribindo tampouco se quedaba corto, lembrábame agora do seu libro un ollo de vidrio, cando o lin debía ter uns 17 anos (recordo que estaba no instituto e moitos mirábanme con cara rara por ir a ese lugar chamado biblioteca e coller un libro e por riba ¡leelo!), recórdoo gratamente.
O libro Sempre en Galiza non o poiden ler, é demasiado político para mín, pero todo o demáis de este home gústame, e sobre todo recomendo os seus debuxos.
Bikos para quen os queira