24 de junio de 2006

Criacionismo


Gustoume a imaxe e quixen compartila convosco. Fusilada da páxina dos de VA-CA, quizais a páxina con humor máis retranquiero e enxebre da rede.

Cando as barbas do veciño vexas pelar...pon as tùas a remollo. Dentro de pouco, a Conferencia Episcopal, ademáis de ensinar nas súas madrazas a criaçom do mundo en 6 días, ensinará que ese sexto día ya existía España, e que ésta era unha, grande e ceibe.

A monarquía, a unidade de España e o libre mercado como verdades teologales. ¡Arrecarallo! E digo eu que cómo o farán para sacar todo iso dos Envanxelios. ¡Íso é ler entre liñas, rapas!

Abofé, que quedo abraiado do moito que saben estes bispos. Eu endexamais lin nada semellante nem no Pentateuco, nem nos Hinos, nem tan sequera con San Xoán. Terei que ler máis a Biblia...

Que faríamos nós sem estes pais da igrexa que nos din o que está bó e o que está errado...
Segundo as súas probas científicas, teño máis probabilidades de pegar a miña moza, ou de deixala, que si casara con ela. Como decía Don Manoel: fora do matrimonio, todo é anarquía e vandalismo. Gracias a mi lobiña por demostrarlle a esa besta...que ten razón. Xa levamos unha década e pico de relación ácrata, e vándala (foron os vándalos un povo de xente ceibe e fachendosa). E as que nos quedan, lobiña... ;)


A única Igrexa que alumea
é a que arde.

No hay comentarios: