23 de febrero de 2009

Eleccións Galegas 09



Na miña pasada vida de madriles, eu era considerado, entre os meus amigos, nas nosas discusión políticas da praza do dous de Maio (agora tralas gaiolas, que pena) como o centrista, o pragmático, o dialogante, case que un tecnócrata.

Mudei de decorado e foi aterrizar en Pontemerda e darme de conta que de ser o máis moderado do meu entorno, pasei a situarme na ultra-extrema-requeteizquierda da sociedade galega. Isto deume non poucos problemas, por certo.

Na Galiça non hai esquerda social, isto é un feito. Por poñer un exemplo, podemos ver os resultados que acada Esquerda Unida en algúns dos sitios con máis sona de ser fachas e ultracatólicos.

Datos das pasadas eleccións de Marzo do 2008, polo principal partido representante da esquerda:

Ávila: 2,6%
Burgos: 2,89%
Palencia: 2,6%
Salamanca: 1,73%
Murcia: 2,94%
La Rioja: 1,94%
Toledo: 2,96%
...

podo seguir...

Sen embargo, pola miña provincia, Ourense, Esquerda Unida acadou un resultado do 0,69%, o máis baixo de todo o Estado. A quinta parte da media estatal, que é do 3,77%.

Lugo tivo o 0,95%. E as máis urbanizadas e infrarepresentadas Pontevedra (1,57%) e Coruña (1,57%) pechan o resumo das catro provincias nas que IU-EU recolle menos votos de todo o Estado.

Isto no canto de Esquerda Unida. Para atopar outra formación de esquerdas na lista tes que baixar até o 0,13% do Partido Comunista do Pobo Galego (escisión leninista do PCE).


Como vemos, é ben fodido ser de esquerdas nesta terra. Haberá quen diga que non conto co BNG, e me lembre a historia da UPG e todo esa leria. Ben, eu defino esquerda o dereita polo seu programa e os feitos dos que teñen responsabilidades de goberno.

O programa de BNG podédelo ver eiquí. Se queredes, podemos intentar atopar nel rasgos específicos dun partido de esquerdas. Podémolo comparar cos programas do P$O€ ou do PP para ver se ten algún punto máis de protección e defensa dos intereses dos traballadores. Ou se deixa unha fenda para invertir o proceso de perda de poder da masa asalariada fronte o capital.

Nin tan sequera plantexa o problema neses termos, inequívocos, da esquerda.

¿Onde vedes o laicismo, ou o rexeitamento da monarquía, no seu programa? ¿Críticas o liberalismo ou o sistema financieiro? Non vexo res.

O BNG é socio doutras forzas nacionalistas de dereitas do Estado como o PNV ou CiU, na resucitada Galeuzka dos tempos de Castelao. O BNG é, daquela, un partido senón de dereitas, si a lo menos de centro. Centro galeguista, poderíamolo chamar.



Se o BNG non é de esquerdas (podémolo seguir debatindo máis polo miúdo, indo os seus feitos de goberno, cando en troques da tan necesaria Reforma Agraria neste país, artellou a merda isa do "Banco de Terras"), e é evidente que o P$O€ é de dereitas (non só polo seu programa, as consellerías do P$O€ deron sobradas mostras diso, en uns días vou poñer un bo exemplo que tiven que aturar este finde)...e o PP tampouco se pode considerar como partido de esquerdas (ainda que ás veces o sexa máis que mesmo o P$O€, sobre todo en materia económica).



Daquela, con só eses tres partidos representados na cámara galega de representantes, podemos dicir, co libro de teoría política na man, que a esquerda galega non existe ou, a lo menos, non está representada no Parlamento Galego.



Sabendo que o meu voto non servirá para acadar representante ningún no Parlamento Galego, a lo menos poderei votar con total liberdade o partido que mellor reflicta os meus plantexamentos políticos. Non hai recurso o voto útil xa que, faga o que faga, o meu voto vai ser inútil.

Daquela, vou debullar os programas eleitorais dos partidos de esquerda que se presentan as eleccións de Marzo, salientando aqueles puntos que, dun xeito moi personal, parécenme interesantes (por estar dacordo ou por todo o contrario).

Seguirei un orde segundo o respaldo popular nas últimas eleccións galegas.



Programa de Esquerda Unida (12.199 votos - 0,8%)

Trátase dun programa amplo, razoablemente ben escrito, no que empeza tratando sobre asuntos xeráis, incidindo na crise e no sistema económico. No eido económico é un programa apoucado e medroso. Sen embargo, é nidiamente de esquerdas, moi diferente doutros programas de partidos que se din de esquerda como o do BNG ou do P$O€ dende o primeiro parágrafo. Pásase a primeira parte a criticar (como é lóxico) o bipartito, considerándolo continuista co fraguismo (como eu tamén penso).

Hay dúas cousas que atopas en todos os programas, dende a dereitona do PP á esquerda independentista. Unha é a teima con que o monte está sucio, e hai que limpalo. Por suposto, EU non pode ser menos e solta esta parvada:

Asegurar a limpeza do noso monte para evitar incendios forestais mediante a incorporación de cuadrillas forestais e industrias públicas.


Ademáis de imposible, sería un desastre ecolóxico retirar o monte baixo que, insistimos, é parte inherente do ecosistema como o son as especies leñosas. As matogueiras, a faísca, os ramallos...non son merda que haxa que limpar, é a pel do bosque. Un bosque non é un xardín público, ainda que os nosos políticos, sexan de esquerda ou dereita non o entenden (ben se ve que non coñecen máis que a Carballeira de San Lázaro).


Outra pedra na que tropezan todos, sen excepción, é co tema enerxético. Un partido político non pode ter "bo rollito" se non fala da enerxía solar fotovoltaica. ¡En Galiza! Ainda que consuma os recursos (escasos) para o desenvolvimento das enerxías renovables sen aportar case que enerxía, eles seguen e seguen a dicir parvadas sobre a enerxía solar. É normal.

Favorecer a instalación de enerxía solar fotovoltaica para a obtención de electricidade, mediante subvencións sen xuros.


¿Para cando un programa político feito por xente que saiba do que fala? Imposible.

Unha cousa chamoume poderosamente a atención:

Reforzamento do control das importacións dos produtos procedentes de terceiros países
mediante o establecemento de protocolos de garantía sanitaria (sanidade e calidade)
axeitados, para comprobar os condicionantes de calidade e seguridade [...]


Ou, o que é o mesmo, peche das fronteiras ós produtos que veñan do tercer mundo, agás os que sexan comercializados por multinacionáis, que son as únicas que poden costear a trapallada esa da trazabilidade e demáis excusas. Non poderá chegar a nós froita de Marrocos, senón é a cultivada de xeito esclavista nas grandes explotacións. O pequeno agricultor ten pechada a porta a Europa, coa cohartada da saúde. Nunca comimos tanta merda, tan perigosa para a saúde, e tan vixilada e con tantos controis. ¡Quen me dera comer a froita ou mesmo a carne que se vende nos mercados de África! Sen clembuterol, sen antibióticos, sen pesticidas.

Este punto significa manter o nivel económico do paisano galego a costa da fame do productor do terceiro mundo.


Pero tambén a xente de EU meteu cousas interesantes no seu programa. Por exemplo:

Fomento do transporte colectivo: aumento de frecuencias e impulso do billete único nas áreas metropolitanas.Potenciación dos trens de proximidade, recuperando as paradas que se están a perder por mor do tren de alta velocidade.
Elaboración dunha Lei de Acceso Motorizado aos Espazos Naturais.
Rexeitamento ao cultivo de variedades transxénicas ata que non se dispoña de medidas e estudos que garantan a non-contaminación da agricultura convencional e a ecolóxica polos cultivos modificados xeneticamente. Así mesmo, é imprescindible a elaboración de plan de seguimento que permita vixiar adecuadamente a efectividade destas variedades e as posibles repercusións negativas das variedades transxénicas para o medio ambiente e a saúde.
É o máis intelixente que teño escoitado en relación ós transxénicos.


No tema do transporte, tamén moi ben:

Moratoria na construción de novas autovías e autoestradas, salvo situacións de necesidade moi concreta.
Paralización da construción de novas liñas ferroviarias de alta velocidade.
Atención ás liñas férreas de alta capacidade e boa velocidade, modernizando a rede no seu conxunto, estendéndoa onde sexa racionalmente necesario, fronte á política de cancelación de liñas dos últimos tempos.
Estratexias para a diminución do transporte por estrada, consecuente co acusado déficit do noso país en combustibles fósiles.
Atención ao transporte público, creando un sistema xeral de interconexións que reduza
a necesidade de usar o vehículo privado



POLÍTICAS DE CHAN

Debe primar a cidade compacta fronte á difusa, establecendo límites, tanto máximo como mínimo, ás densidades de edificación.
Fixar nun 40% a edificabilidade suxeita a protección pública, sinalando a estas vivendas un prezo máximo de venda ou aluguer.
Prohibición por 20 anos para actuar en terreos de nova urbanización declarados ilegais.
As Comunidades Autónomas substituirán aos concellos se estes incumpren os obxectivos da lei.


Prioridade das actuacións de rehabilitación fronte ás de nova construción,
En zonas con necesidade urxente de vivendas deben gravarse fortemente as vivendas baleiras, ata o máximo do 50 % tal como contempla a Lei, previa elaboración dun censo motivado de vivendas baleiras.
¿Só en zonas con necesidade urxente de vivendas? En ningunha parte faltan vivendas...¡se tes cartos para pagala! Mágoa da restricción ó que podía ser un bó artigo do programa.

O crecemento urbano debe conformarse ao redor de corredores susceptibles de ser servidos por liñas de transporte público de alta capacidade.
Se eu fixera o programa, poría "queimar todas as urbanizacións", pero claro, por iso non vaio para político.


A bicicleta será considerada como un medio de transporte de gran eficiencia potencial, coa mesma atención que se dedica a outras formas de desprazarse.
(Isto non o atoparás no programa do PP)

Debe terse en conta o desprazamento a pé como un medio de transporte urbano, masivo e económico, ao mesmo nivel que o resto dos sistemas de transporte.
(E isto aínda menos, caminar é de pobres)

Debe desincentivarse aparcar en centros urbanos e outras zonas conxestionadas, mediante unha severa limitación do número de prazas de aparcadoiro de longa duración, porque cada unha delas supón que un automóbil máis acceda cada día a estes lugares.




A defensa da intervención pública na economía semella decisiva para cambiar realmente as condicións materiais de vida da cidadanía. Para superar o fiasco das políticas da globalización capitalista. Fracasado o mercado como mecanismo regulamentador de todas as esferas da vida social, a proposta de esquerdas que supón EU plantexa un planeamento económico cuxo eixe director sexa a repolitización da economía, mediante o desenvolvemento de políticas públicas nos eidos económico e laboral, rematando coa impunidade do capital tanto nos ámbitos laboral, produtivo como financeiro. Fronte a proposta que supón profundizar na xungla neoliberal co concepto da flexiseguridade, Esquerda Unida entende que o necesario para a sociedade é o emprego estable e con dereitos.
Isto tampouco ven no programa do PP. Nin no do BNG, nin moitísimo menos no neoliberal de Touriño.

Os propios datos da inspeción de traballo recoñecen que alomenos o 50% da contratación se fai en fraude de lei. O Servizo público de emprego debe xogar un papel activo para correxir semellante ilegalidade. Para elo ten que dotarse dos medios materiais e humanos [...]
Tampouco os patriotas do BNG falan disto no seu programa.

No tema económico:

Os 30-50.000 millóns previstos como axuda deben tramitarse a través do Instituto de Crédito Oficial con destino preferente a pequenas e medianas empresas e emprendedores.

Creación dun Imposto Especial de Solidaridad para Altos Ingresos.
Isto ENDEXAMÁIS o veredes en programas do P$O€ ou do PP.

Incremento do SMI até acadar o 60% do salario medio, consonte estabelece a Carta Social Europea. E actualización paulatina do IPREM.

Prohibición a executivos e membros de Consellos de Adminitración de institucións financeiras e sociedades en Bolsa de percibir retribucións superiores por todos os conceptos a 400.000 euros anuais.

66 kilos ó ano, chégalles ben. A cousa é que isto é calderilla, ó lado do que gañou por exemplo Mr.Galán: 16 millóns de ouros, tres mil millóns de pesetas, o ano pasado.

Conxelación de todas as privatizacións en curso, derogación das leis que permiten a privatización dos servizos sanitarios.
Fundamental.

Loitar contra a fraude fiscal e oposición á desfiscalización das rendas altas.

Nacionalización da banca: redefinir o rol de institucións financeiras dentro da creación dun Sistema Financeiro Público.
O desgraza é que non hai ningún partido de defenda isto no Parlamento de Galiza, no que só hai cabida para as ideas neoliberáis que nos conduciron a este cavorco.

Política de reparto do emprego: lei de redución da xornada laboral sen redución
salarial ás 35 horas, na procura dun reequilibrio que facilite a conciliación do tempo
de traballo e o tempo libre, a meirande riqueza das persoas.
Controlar a transparencia de todas as operacións financeiras.

Fondos de investimento obrigatorios das empresas con incremento de beneficios para mellorar e aumentar o emprego.
Establecer un sistema de límites e taxas (Taxa Tobin, p.ex.)
Erradicar os paraísos fiscais.


Recuperar o carácter progresivo da imposición fiscal mediante o incremento da presión fiscal sobre as rendas altas e as plusvalías.
elevar o tipo máx. ao 50%
IVE reformado para adquisición de bens de luxo ou contaminantes
reforma IBI para penalizar as vivendas baleiras.


Renacionalización dos sectores económicos de interés estratéxicos e remunicipalización dos servizos públicos xestionados polas empresas privadas.

Control social das decisións estratéxicas das empresas de máis de 250 traballadores
Recuperación do control político democrático sobre o Banco de España e BCE.



Isto non lle vai gustar moito os funcionarios. Xa lles custou aprender Word, como para que aínda lles metan o Open Office...

Extensión na Administración Autonómica e Local de programas de “software libre”
reducindo a dependencia tecnolóxica que nestes momentos ditas Administracións,
e a sociedade en xeral, teñen respecto ao monopolio por parte dunha única
empresa e reducindo os custos que este monopolio representa.


Co ensino:

Progresiva supresión dos concertos educativos. Ningún concerto onde existen prazas públicas suficientes.
A relixión fóra das aulas
• Derogación inmediata dos acordos co Vaticano.
• Que a relixión estea fóra do currículo e saia do horario lectivo
• Que desapareza a simboloxía relixiosa dos centros escolares.


Universidade:

Unha Universidade pública ao servizo da sociedade nun Espazo Europeo de Educación Superior NON subordinado ao mercado.
Aumento sostido dos recursos destinados a I+D+i
Orientar todos os recursos de I+D a aplicacións civís.



Na Dependencia, é salientable un parágrafo:

En Galicia, ademais, o Bipartito contribuiu non só a feminizar o traballo de asistencia a persoas con dependencia, senón a facelo coas mulleres da familia, a cambio dunha remuneración simbólica que non recobre o sacrificio realizado. Unha reclusión voluntaria/forzosa da muller para atender a un familiar. Unha comercialización do sentido do coidado, no fondo, seguir perpetuando un rol ao que a tradición relegaba á muller e agora, en pleno século XXI, son as administracións públicas as que apoian economicamente ao que ditaba a tradición patriarcal.
(94,85% dos coidadores son mulleres)

Sen embargo, non falan dabondo do gran negocio das residencias privadas (da Igrexa na maioría dos casos) por falta de prazas públicas en xeriátricos. Os vellos tamén son cidadáns e non son menos galegos, e a rapacidade destas empresas roza o crime. Este tema, o do coidado dos vellos, nunha terra de poboación envellecida, está mal tratado por todos os partidos políticos.


Mocedade:

Intermediación laboral, supresión da ETT’s e establecer un control exhaustivo sobre as subcontratas asi como establecer límites para as mesmas, co obxectivo de evitar a explotación laboral e a represión sindical sobre os sectores mais afectados pola precariedade e a tomporalidade laboral.
Fomento dun ensino crítico e científico en todos os eidos do ensino, tanto nos institutos como nas universidades públicas, sen esquecer que as universidades deben desenvolver todas as ramas do saber con independencia da demanda de prazas.
Para desenvolver os valores do antimilitarismo e da no-violencia negar calquer tipo de colaboración coas campañas de recrutamento de tropas para o exército profesional.


Democracia:
- Defensa e desenvolvemento do Estado Social Participativo. Pór ao cidadán no centro da política.
- Defensa dos servizos públicos.
- Democratización das institucións e rexeneración da vida democrática.
- Avance cara a un Estado Federal Republicano


Sen embargo:

impulsar a modificación constitucional na dirección de converter a comunidade autónoma en circunscrición electoral.
Non, circunscrición electoral será Galicia cando se vote a composición do Parlamento Galego. Pero cando se vote, como ciudadano do Estado Español, a composición do Parlamento...o Estado será a única circunscrición. Para a representación territorial está o Senado.

proposta para que se someta a referendo a forma política do Estado Español: Monarquía ou República.

¿Quen era o político do P$O€ que dicía que os que pediamos a República éramos "catro tolos"? ¡Vexámolo nas urnas!

EU defende, no marco da nosa proposta de reforma constitucional, que se recupere o vello principio da Constitución da II Republica, polo que se renunciaba á guerra como instrumento da política exterior do estado e, polo tanto a pertenza a alianzas militares. Así mesmo impulsará unha política de educación para a paz e de mediación de conflitos.
De acordo co ritmo de crecemento da Axuda Oficial ao Desenvolvemento na lexislatura 2004-2008, os fondos da cooperación española poden alcanzar o 0,7% en 2010, polo que a aposta de EU será conseguir esta cantidade nese prazo.

A lexislatura iniciouse en Galicia co compromiso do bipartito de acadar o 0,4% dos
orzamentos ao remate da mesma. A constatación dos orzamentos do 2009 é
desalentadora: 0,11% [...]









Programa de Frente Popular Galega (2.692 votos, 0,2%)

Trátase dun programa moito máis curto, trinta follas pero ben amañadas. Poida que detrás delas este a mao de Méndez Ferrín, o poeta, cabeza de lista por Pontevedra.

É, dende logo, un programa escrito sen medo, falando claro. Por exemplo, no segundo parágrafo empeza coa artillería pesada:

Agora somos chamados novamente a unhas eleccións autonómicas os habitantes das catro vellas e inservíbeis provincias, quedando fóra desta farsa as galegas e galegos habitantes das comarcas do leste, aínda hoxe baixo outras administracións autonómicas, e sen dereito, tan sequera, a decidir democraticamente a súa reincorporación á nación común.

E segue...
A Frente Popular Galega (FPG) preséntase ás eleccións autonómicas coa intención de sermos o altofalante do pensamento crítico do pobo galego, que non recúa na loita polo recoñecemen todo noso dereito irrenunciábel á autodeterminación nacional e que aspira a unha sociedade ceibe e sen explotación. Queremos unha nova nación. Unha nación con Estado de seu, un
Estado da clase obreira: queremos, necesitamos, a República Galega.

Hoxe a gran maioría da xente intúe que a autonomía outorgada polo Estado español apenas é unha camisa de forza para o pleno desenvolvemento dos nosos inmensos potenciais e tan só serve a grupos reducidos de oligarcas e políticos profesionais que fixeron dos recursos públicos un modo de vida obsceno, dilapidando os cartos de todas e todos nós no seu proveito persoal. Simplemente un teatro no que tres mediocres marionetas interpretan un papel ante un auditorio cada vez máis reducido.

É preciso, pois, sacar a política dos despachos e escanos. Só avanzando na autoorganización popular, na alianza das traballadoras e traballadores coas clases populares deste país, nas rúas, nas fábricas, nas escolas, nas parroquias e nos barrios, poderemos saír do actual marasmo e superar o capitalismo dependente ao que nos condenaron de por vida. Só coa participación activa de tod@s, poderemos poñer proa cara a nosa Independencia Nacional e o Socialismo.

[...]

A Constitución de 1978 segue a ser un parapeto que emprega o Estado español para limitar as aspiracións de liberación nacional e social. As ameazas xurdidas dentro dos estamentos militares facendo alusión ao artigo 8, a existencia da Audiencia Nacional (continuación do TOP fascista) para delitos políticos ou un Constitucional que nos nega o mesmo estatus para a lingua galega co castelán dentro do territorio galego son verdadeiros anacronismos propios de épocas absolutistas e de tinguiduras militaristas. A FPG é radicalmente contraria á Constitución española e ao marco xurídico que dela emana.


Economía:

E en Galiza a primeira cuestión a correxir é o do excedente xerado. Excedente que sempre, onte e hoxe, inevitabelmente circularon cara riba (na escala social) e cara fóra (do país) [...] na actual etapa histórica o obxectivo revolucionario pasa por unha política democrático-popular, é dicir por cortar a devandita circulación do excedente facéndoa xirar cara as maiorías deste país.



A descrición que fai da crise é de libro, das mellores que teño lido:

Levamos anos denunciando a insostibilidade do sistema capitalista e das súas fracturas a curto prazo, como agora estamos padecendo. O esperpéntico laisser faire na economía, a subida dos prezos, o aumento de familias hipotecadas (casa, coche, electrodomésticos, etc.), aumento da taxa de morosidade... tiñan un evidente resultado. Xa estaba dito, xa estaba anunciado polos economistas críticos. A ciencia económica pódese trabucar no calado da crise mais non na propia aparición da crise, se non hai modificacións estruturais como non houbo.

Neste sentido non só foi a elite dos economistas quen puideron anunciar o acontecido senón que no propio seo do pobo sabíase que a situación tería un límite. Porén, a actitude dos gobernos do PP e do PSOE foi dunha escandalosa non intervención nin regulación alegando as razóns da sacrosanta liberdade do mercado. Non interviron para regular e protexeron a especulación.

O sistema bancario norteamericano manobraba co uso de activos tóxicos avalados por hipotecas lixo, as xa famosas “subprime”. Os bancos fixeron uso dos activos tóxicos para negociar e crear lucro construíndo activos ficticios nos que realmente non hai nada debaixo. A nivel mundial sabíase pero non se quería saber. No cumio de Davos de 2008 xa o sistema presentaba os primeiros síntomas. Os gobernos deciden ocultar crendo que o propio sistema se pode rexenerar coa estabilización en Oriente Medio na que os seus estados, xunto a China e India, puidesen recapitalizar o sistema bancario estadounidense. Nada diso pasou. Acelerouse a crise, insistimos, unha crise que a esquerda anticapitalista, da que forma parte a FPG, denunciabamos.

Comezan as crises en diferentes sectores: inmobiliaria, hipotecaria, automoción, bancaria...Non é unha crise sectorial nin cíclica senón que é a crise mesma do sistema capitalista, é a crise que se enxendra dentro do bandullo dos propios xestores mundiais. É unha crise estrutural.

Aconsello continuar coa lectura.


A FPG adopta como guieiro da súa política económica, na actual conxuntura, a aposta pola empresa mixta de control público, asegurando sempre un control do 51% das accións das empresas así como unha recuperación dos servizos públicos. Deste xeito aseguraríamos a liquidez das empresas que neste período entran en creba. Promoveranse entes con este perfil nos sectores estratéxicos da economía galega garantindo a produtividade fronte a especulación. Deste xeito poderase exercer un control máis estreito do ordenamento da actividade económica e posibilitar a participación real do pobo.
Totalmente dacordo.

Creación do Instituto de Crédito Galego.
Reclamar ao Estado a recuperación do imposto sobre Patrimonio.
Defensa da inclusión da taxa Tobin nos movementos de capital.
Creación do Instituto de Desenvolvemento de Galiza para fomentar as actividades produtivas en sectores estratéxicos da economía galega, con participación dun 51% no
capital social das empresas que queiran operar para que estean ao servizo dos intereses do pobo.
Recoñecer o dereito de intervención da Xunta de Galiza nas empresas que cunha porcentaxe de beneficios interanual optan pola deslocalización asegurando a liquidez e os postos de traballo.



Política Enerxética:
A radioloxía da enerxía, tanto a nivel europeo como a nivel galego, demostra a dependencia das enerxías non renovábeis, sobre todo cru de petróleo e derivados. O ritmo de crecemento anual será dun 0,25% anual entre 2005-2030 (segundo os datos da UE), e seguirá sendo a enerxía preponderante cun uso do 35% do total. O esgotamento dos recursos petrolíferos europeos derivarán nunha maior dependencia das importacións. Na última década, a dependencia de enerxías primarias é dun 75% no Estado español, que en 2005 chegou ao 85%. Segundo os datos da Comisión Europea (2008) a dependencia das importacións de combustíbeis sólidos, petróleo e gas natural acadou o 68,63%, que se incrementará co tempo pola caída na extracción europea de petróleo e carbón.

O sector enerxético galego ten unha base non renovábel, contaminante e claramente dependente do exterior: entre un 90% e 95% da enerxía primaria importada corresponde ao cru de petróleo, produtos petrolíferos e o carbón, que acaban supoñendo un 70% da enerxía transformada. En termos globais, un 85% da enerxía transformada en Galiza é non renovábel.
A dependencia enerxética de Galiza aumentará co uso e expansión do gas natural que suplirá a caída do carbón (esgotamento nas centrais de Meirama e das Pontes de García Rodríguez), co que iso supón en termos económicos e de soberanía.
De novo, recomendo a lectura do programa. É realmente unha boa análise.

Galiza é un territorio proclive á produción eólica, cun aproveitamento por riba das 2.500 horas/ano, por mor das boas condicións orográficas e climáticas xunto a un desenvolvemento tecnolóxico que incrementou a eficiencia dos aeroxeradores. Aínda así, a Xunta de Galiza non apostou como primeiro paso pola repotenciación dos parques actuais, que poderían xerar máis enerxía (os actuais son de 2-3MW). Con estes datos, cómpre que a administración pública saiba actuar fronte aos intereses e tirapuxas do empresariado.

A produción de enerxía a partir da biomasa é outra das fontes tradicionalmente usadas en Galiza e segue a ter visos de expansión. Pola contra, esta fonte de enerxía non debe entrar a competir coa alimentación nin co mantemento da biodiversidade, polo cal estaría supeditada a unha axeitada política agraria e forestal.
Tanta intelixencia paréceme estrana nun programa político. Máis con todo, ten que caer na mesma pedra que todos:

A enerxía fotovoltaica está por despegar, pois segundo o PEG, o incremento da súa produción chegaría aos 25MWp en 2012, cando en 2006 estabamos en 2MWp.


Política agraria.
O despoboamento continúa a ser unhas das feblezas estruturais do medio rural. A continua emigración cara as cidades e cara o estranxeiro implican un abandono da actividade agraria, perda do valor da terra, forestación masiva, peche de explotacións, envellecemento da poboación e unha progresiva suma de aldeas totalmente abandonadas.

O modelo polo que se aposta arestora responde ao modelo agroindustrial, pasando a ter o control dos alimentos básicos que consumimos as empresas (só cinco empresas controlan o 55% das vendas de alimentos no Estado español). A capacidade de elección por parte dos consumidores é cada vez menor. O capital controla a produción e a distribución fixando os prezos o propio mercado nun proceso de concentración que roza a ilegalidade. As ganancias de empresas como Carrefour, Eroski, Gadisa ou Mercadona acadan marxes dende o 600% até o 2.000%. Pola contra, a perda do mercado local e das prazas de abasto limitan o acceso a alimentos frescos e saudábeis.

Os alimentos que nos ofrece a industria están sometidos a procesos de transformación para a súa conservación: pesticidas, conservantes... que poden ter repercusións na saúde dos consumidores.

O uso abusivo dos transxénicos ou organismos xeneticamente modificados (OXM) que se están introducindo en Galiza poñen nunha situación de dependencia ao agro galego pois as variedades transxénicas están protexidas por patentes que controlan as multinacionais. Cada vez é máis limitado o poder de decisión dos labregos e labregas sobre a propia produción agraria.

Creación dun regulamento para a expropiación de terras deixadas a monte que non estean incluídas no Banco de Terras para a transformación en pastos co fin de incrementar a base forraxeira das explotacións así como usos industriais (biomasa, bioetanol ou biodiésel) recollidos no apartado de política enerxética.



Política Ambiental
O complexo Ence-Elnosa segue a contaminar na ría de Pontevedra, Reganosa ameaza Ferrolterra, o goberno amosou unha incapacidade total para aumentar a porcentaxe do noso territorio pertencente á Rede Natura, non se creou o parque natural dos Ancares e O Courel, presentouse un plano acuícola que lles regala a nosa costa ás multinacionais do sector, o novo plano eólico fai o mesmo cos nosos montes, -malia ser a burguesía galega a beneficiaria deste novo roubo-, comezou o cultivo de transxénicos en varios concellos galegos, Sogama segue a “revalorizar enerxeticamente”, isto é a queimar, o 60% do noso lixo, o transporte segue alicerzado no vehículo privado e os novos plans de mobilidade potencian a construción de máis vías de alta capacidade e a chegada dun AVE insustentábel enerxeticamente que por riba esfarelará a desleixada rede de cercanías. A listaxe non tería fin: o monte segue inzado de especies alóctonas que propician as vagas de lumes, o 90% dos cursos fluviais padecen contaminación frecuente ou permanente, case a metade dos núcleos de máis de 2 000 habitantes non depuran totalmente as súas augas residuais..., poderiamos continuar cunha longa lista de agresións ambientais que a nivel nacional ou local son as consecuencias do menosprezo cara á defensa do ambiente na actuación política do goberno da Xunta.

É o momento de reformular a política ambiental, de superarmos o ecoloxismo electoralista e apostar polo desenvolvemento sustentábel, deixando atrás o consumismo descontrolado que ameaza con zugar de vez os recursos do planeta. E as liñas de actuación encamiñadas na consecución desta mudanza pasan por abandonar o capitalismo como modelo de xestión dos nosos recursos, do transporte e das relacións co medio.

Na situación actual, os intereses das grandes empresas seguen a ser en última instancia os que determinan a política ambiental do goberno e o pobo galego apenas conta no deseño destas políticas.

Aumento da superficie de territorio baixo algunha figura de protección ambiental, con
especial atención á Rede Natura que atinxe un paupérrimo 11.9% na actualidade, por baixo de calquera zona do Estado agás Ceuta e Melilla. Pulo definitivo á integración das serras dos Ancares e O Courel na rede de Parques Naturais, para evitar o deterioro irreversíbel que as louseiras e outras moitas actuacións están a traer aos valiosos ecosistemas da montaña oriental.

Redución das emisións de CO2 e outros gases con efecto invernadoiro até
axeitalas, canto menos, aos niveis marcados no protocolo de Quioto, através de
medidas encamiñadas á redución do noso consumo enerxético, como o fomento
decidido do transporte colectivo ou a mellora da eficiencia enerxética das industrias
e vivendas.

Peeeero:
Aposta pola microxeración de enerxía solar ou eólica.
Debe ser imposible que un político recoñeza que a enerxía eólica, ó día de hoxe, é só unha falcatruada para quedar ben diante de eleitorado pero que non produce unha merda de kW*h.


E aínda queda a peor:
Potenciación racional do uso da biomasa como fonte de enerxía con pequenas centrais comarcais ubicadas nas zonas en que a acumulación de mato no monte vén provocando ciclicamente vagas de incendios.
Que o mato provoca lumes? Dende cando as xestas arden por xeración expontánea! Home, non me fodas, vai para o carallo! Así que é o mato o que provoca "ciclicamente" (a Méndez Ferrín se lle escapou este acento) os incendios? E os intereses de cazadores, madereiras, ganadeiros non falamos? Ostia, como o monte non vota! E por que as matogueiras non provocan lumes no resto do Estado e mesmo Europa?

Mágoa, co ben que ía!

A lo menos, volve a senda da racionalidade para calmar o meu enfado:
Anulación do Plano Director de Estradas encamiñado a perpetuar a petróleo-dependencia da nosa mobilidade. Potenciación do ferrocarril de proximidade, do transporte marítimo, do uso da bicicleta e de automóbiles de baixa potencia.

Colaboración coas comunidades de montes para a reestruturación da política forestal baixo criterios de sustentabilidade a medio e longo prazo, que permitan a paulatina substitución das plantacións de eucaliptos por outras de árbores autóctonas e por outros modelos de aproveitamento do monte.
A verdade é que eu disolvería as Comunidades de Montes, pasando o monte en mancomún a ser patrimonio da nación galega. Pero iso, nin tan sequera os da FPG atrévense a dicilo.




Política Xuvenil

Apréciase este feito fundamental en que non houbo ningún esforzo para darlle saída e solución ao problema da explotación laboral, que no ámbito da mocidade ten nome de precariedade.

Alternativas ao ocio capitalista, consumista, como teñen sido as orixinais xornadas de xogos de rol ao vivo, non esconden a insuficiencia deste bipartito ao estruturar, como debera, unha alternativa real e viábel a este ocio mediado que lle forneza á mocidade a oportunidade de se desenvolver no seu tempo libre á marxe dos mandados do mercado, dono e amo absoluto, no día de hoxe de todo o noso tempo de lecer. Non se avanzou ren na apertura dun campo para un lecer anticonsumista e conectado coa nosa realidade nacional.

A Educación nacional, popular, democrática e científica non só non foi unha preocupación nestes últimos catro anos, senón que o goberno bipartito demostrou un compromiso activo na privatización do ensino público, colaborando acriticamente na estruturación do antidemocrático Espazo Europeo de Educación Superior, e participando na reforma educativa orientada a obedecer os ditados do mercado e da Europa do capital, que se trazou ás costas do estudantado. Tampouco se preocupou da precariedade laboral encuberta, que para o estudantado de Formación ou da Universidade leva o nome de “bolsas de colaboración” ou de “traballo en prácticas”, eido no que a explotación e a falta de dereitos laborais é unha realidade constante.

No que atinxe ao consumo do alcol e das drogas, que debe ser analizado criticamente pola mocidade, a cal debe concienciarse dos intereses inmobilistas e económicos que se esconden detrás deste consumo, dirixido, controlado e mediado pola burguesía internacional, tampouco este bipartito presionou ao Estado (competente na materia) no camiño da súa despenalización, que entendemos como única solución viábel. Pola contra, coa conivencia das súas filiais municipais, perseguiuse de certo o “botellón”, o consumo (que non a venda) de drogas e reprímese como tal máis unha vez ao conxunto da mocidade, combatendo as consecuencias e amosándose faltos de perspectiva, incapaces de localizar as causas xenéticas deste consumo.

Desaparición do traballo en precario, temporal e de fin de obra.
Control dos contratos específicos que as empresas fan á mocidade.
Frear a promoción do exército español como saída laboral para as mozas e mozos e
prohibición da publicidade militarista nos centros de ensino e de lecer xuvenil.
Cesamento da represión ao botellón e a outras actividades lúdicas, e habilitamento de
zonas para o lecer xuvenil satisfactorias para tod@s.
Un ensino universitario gratuito tanto nas matrículas, no material así como na residencia nas distintas cidades universitarias.
Planificación familiar accesíbel aos mozos e mozas, contemplando a distribución gratuita de métodos anticonceptivos.




Política de Poboación e Territorio

Por riba de parroquias e concellos, a imposición borbónica da provincia permanece como unha forma artificial de administración. Fieis á tradición do galeguismo, xunto á elemental reivindicación de recoñecemento da parroquia, consideramos tamén necesaria a inmediata desaparición das provincias e a reorganización do territorio en comarcas.


E máis adiante...
O caso do AVE é demostrativo dunha acción de goberno colonizado. Na FPG entendemos que as necesidades prioritarias na conexión con Portugal, con España e con Europa estarían nunha infraestrutura ferroviaria mixta: viaxeiros e mercadorías; e no plano interno, a potenciación da dupla vía e a creación dunha rede de ferrocarril interconectada, con especial atención ao servizo de cercanías das cidades e vilas galegas. Nada disto asume a "clase política" galega, obsesionada coa chegada do AVE.

Ostia, ¡por fin! Calquera que tivera dúbidas co AVE era tomado pouco menos que por traidor, e semella que co AVE todolos atrancos de Galiza quedarán resoltos. Os collóns! O AVE é un bo negocio para políticos e constructoras, pero o que precisa o texido industrial galego é unha rede de ferrocarril flexible e barata para poder sacar as mercadorías fóra.

Consideramos na FPG que o sistema de aluguer público, practicamente inexistente no noso país, é o máis sustentable e asequible para acceder a unha vivenda digna. Poñer no mercado, a través dun organismo público, a gran bolsa de vivendas baleiras existente e fomentar a construción de vivenda pública para este fin a prezos taxados é unha prioridade absoluta.


Tan só pouco máis de 30 concellos contan con PXOM polo que a excepcionalidade segue sendo a ferramenta que os caciques locais empregan para levar a cabo os negocios inmobiliarios dos que forman parte. Teriámonos que preguntar onde están as bolsas de solo público que as grandes promocións de vivendas “libres” cederon aos concellos e canto foi destinado á construción de vivendas de protección oficial.



Política Cultural e Educativa
É o mesmo barco, é o mesmo patrón, e a rota segue a levalo ás pedras. Non se pode entender doutro xeito levar investido nestes anos máis de 200 000 000€ de euros nunha delirante Cidade da Cultura que ninguén ten claro aínda para que vai servir ou ter orzamentados para este 2009 máis de 250 000 000€ de euros para subvencionar os colexios privados concertados, diñeiro que representa no fondo unha financiación encuberta da igrexa católica, propietaria de moitos destes centros.

Por iso dende a FPG cremos que hai que seguir a loitar por un ensino nacional, público e laico, por unha cultura vizosa, galega e conectada co mundo, que non quede encerrada nun mausoleo para abraiar os visitantes e espertar saudade nos galegos. Fronte ao modelo mundializador de sociedades, -no primeiro mundo-, que comen o mesmo, visten igual e ven os mesmos filmes non son dabondo as maquillaxes socialdemócratas, hai que ser afoutos e trazar políticas que modifiquen non só a forma senón o fondo e lle devolvan ao pobo o seu papel de produtor, e non mero consumidor, de cultura e que rematen coa influencia da igrexa católica na educación das nenas e nenos do país.



Política Lingüística
[...]o Mapa sociolingüístico publicado no ano 2007 permite albiscar a situación á que a deriva actual pode levar o noso idioma nun prazo de 30 ou 40 anos; por vez primeira na historia do país, o galego pode ser a lingua de menos do 50% da poboación. De feito, hoxe en día a porcentaxe de menores de 25 anos que teñen como lingua inicial -exclusiva ou maioritariamente- o galego non chega ao 10% en Vigo ou Ferrol e non acada o 40% en ningunha das outras cidades.

Controlar o cumprimento do decreto do ensino do galego, con actuacións rigorosas e
contundentes nos centros privados onde é manifesto o seu incumprimento.

Desenvolver plans de actuación consensuados coas comunidades de galego falantes baixo administración das provincias de Asturias, Cáceres, León e Zamora que garantan os dereitos lingüísticos dos seus habitantes a todos os niveis.








Programa electoral de Nós-UP (1.671 votos, 0,1%)

É un programa moi curtiño, debuxado con trazo groso, no que tocan os puntos case como consignas de manifestación. Para profundizar na súa base ideolóxica podemos ler tamén: 444 medidas concretas para umha nova politica nacional e de esquerdas. Como non teño tempo de resumila, centrareime só no programa para estas eleccións (as parvadas que soltan no eido enerxético nas "444 medidas" son das de caer de cu, recoméndovos a lectura; de facerenlles caso acabariamos contaminando máis, producindo menos, e coa metade do tecido industrial pechado o quedar fora de mercado grazas a súa proposta de eliminar a tarefa industrial e facerlles pagar a doméstica).

Também porque fazemos propostas que seica nom cabem na legalidade monárquica espanhola, como a de permitir que os galegos e as galegas das comarcas do leste, umhas 186.561 pessoas conforme o último censo, excluídas da actual Comunidade Autónoma e que por isso nom podem votar no próximo 1 de Março, podam decidir sobre a sua livre incorporaçom à construçom nacional da nossa única naçom: a Galiza.


[...]os de Tourinho e os de Quintana aproveitárom estes anos para se colocar nos postos de poder, aumentar os seus privilégios e pôr-se ao serviço dos de sempre:

- Começárom mal, rejeitando umha auditoria a fundo da etapa do PP, como alguns sectores lhes propugemos em 2005, virando a página da corrupçom do fraguismo;
- Mantivérom as fundaçons privadas criadas por Fraga no ámbito sanitário, bem como as listas de espera e o favorecimento das consultas privadas;
- Privatizárom serviços públicos fundamentais: Empresa de Serviços Agrários Galegos SA e Sociedade Anónima Gestora do Banco de Terras da Galiza (Conselharia do Meio Rural); Empresa Pública de Serviços Sanitários SA (Conselharia da Sanidade); Consórcio Galego de Serviços da Igualdade e Bem-Estar, Sociedade Galega de Serviços Sociais (Vice-Presidência); Agência Galega de Indústrias Culturais (Conselharia da Cultura); Agência de Protecçom da Legalidade Urbanística (Conselharia da Política Territorial); etc.
- Continuárom investindo dinheiro público em megaprojectos inservíveis para o nosso povo, como a Cidade da Cultura, para depois entregá-los a maos privadas através de umha fundaçom integrada por banqueiros e empresários;
- Mantivérom intacto o sistema de financiamento do ensino privado e religioso, desviando fundos do ensino público para o chamado ‘ensino privado concertado’;
- Entregárom todo o tipo de licenças para a espoliaçom do território e a especulaçom energética por parte de empresas privadas, como as minas no Courel, as piscifactorias na costa, a planta de gás de Reganosa ou o concurso dos novos parques eólicos que os repartiu entre o grande capital financeiro e empresarial afines;
- Em nada mudárom os sistemas de contrataçom por parte dos organismos públicos autonómicos, sujeitos a todo o tipo de arbitráriedades e nepotismos, como nos piores tempos de Fraga;
- Evitárom um verdadeiro compromisso com a classe trabalhadora, permitindo as manobras especulativas de empresas como Atento, Eshor, Martinsa-Fadesa, telemárketing, Valeo, Treves… A extrema precariedade, sobretodo padecida pola juventude e as mulheres, é norma na paisagem laboral da Galiza de 2009, como na de 2005.
- Nada figérom para frear a incidência dos acidentes laborais. A Galiza continua entre os mercados laborais mais perigosos da Europa, como em 2005, e ninguém responde polas mortes e acidentes graves que se sucedem nas empresas da Galiza.
- Chegada a crise, Tourinho e Quintana dedicárom-se a reunir-se com os presidentes de Caixa Galicia, de Caixanova e das grandes empresas, para lhes garantir fundos públicos e assim blindar-lhes os benefícios.



Direitos democráticos

Superaçom da ‘democracia representativa’ em favor de um modelo de democracia participativa, progressivamente regulamentado.
Escrupuloso respeito à laicidade das instituiçons públicas, retirando qualquer subsídio e participaçom de organismos religiosos em serviços correspondentes às mesmas.
Contra a reaccionária, antidemocrática e alheia monarquia espanhola. Por umha República Galega.



Direitos nacionais e lingüísticos
O povo galego é sujeito de direitos, internacionalmente reconhecidos, que batem com a antidemocrática Constituiçom espanhola de 1978. Só o povo galego tem legitimidade para decidir sobre o seu futuro e as suas relaçons com outros povos.
Com a premissa da consulta directa e democrática ao povo galego, NÓS-Unidade Popular defende umha fórmula independentista, a partir da qual construir um novo modelo de relacionamento livre entre as naçons da Península Ibérica, frente ao actual hegemonismo espanhol, e priorizando a relaçom com o vizinho povo português.
Em relaçom com o anterior, progressiva retirada da condiçom de oficialidade ao espanhol em território galego, sem que isso suponha qualquer restricçom ao uso individual do mesmo por parte de qualquer habitante da Galiza.
Reordenaçom jurídica da territorialidade galega, com base nas comarcas, suprimindo as províncias e estabelecendo um regime de estreita colaboraçom com as comarcas galegófonas actualmente excluídas da Comunidade Autónoma da Galiza, com a perspectiva estratégica de umha consulta democrática sobre a sua eventual incorporaçom jurídico-política à Galiza.



Direitos sociais e laborais
Controlo público dos principais sectores da nossa economia (energético, financeiro, industrial) e dos principais serviços (saúde, educaçom, assistência social, pensons, acesso à vivenda).
Jornada laboral de 35 horas e salário mínimo de 1.000 euros por mês a partir dos 16 anos.
Prioridade absoluta para a construçom de um espaço socioeconómico galego alicerçado no sector público.
Carácter gratuito dos serviços sociais básicos.
Plena integraçom com igualdade de direitos dos trabalhadores e das trabalhadoras de origem estrangeira, com igualdade de direitos e de obrigaçons.
Proibiçom das ETT’s.
Política fiscal que grave os que mais tenhem e contribua para o igualitarismo.
Política económica socialista que redistribua os lucros empresariais e a riqueza, ecologicamente sustentável e garante de umha vida digna.



Por um desenvolvimento sustentável

Superaçom da lógica do crescimento económico como princípio do desenvolvimento social, em favor da distribuiçom da riqueza e os valores da reduçom e racionalizaçom do consumo e criaçom de resíduos.
Contra a energia nuclear e a progressiva supressom das energias sujas, nomeadamente a dependência do petróleo.
Hai enerxías limpas?

Por umha revoluçom no modelo nacional de transporte, que priorize os meios colectivos públicos, com destaque para o comboio, e reduza drasticamente o uso do veículo particular mediante a oferta de umha rede ampla, barata de carácter local, comarcal e nacional.
Proibiçom de espectáculos e práticas degradantes e de maltrato aos animais, como as touradas ou a caça à raposa.
Toda a caza, ostia, non só a do raposo! Tan teimudos noutros temas, e coa caza andamos con melindres...

Declaraçom efectiva da Galiza como zona livre de alimentos geneticamente modificados.
Nesto, en cambio, FPG e EU son máis cautas ó presentar un rexeitamento absoluto. Nótase que o que redactou eses programas sabe máis do tema.



Combate ao machismo e à cultura patriarcal

Alargamento da rede pública de infantários e refeitórios escolares orientados a facilitar o acesso ao mercado laboral das mulheres.
Supressom de quaisquer incentivos públicos em relaçom ao casamento.
Retirada de subsídios públicos às diferentes igrejas, com destaque para Igreja Católica, principal beneficiária actual.



Política dirigida à juventude trabalhadora

Ensino galego, público, de qualidade, democrático, científico e nom patriarcal.
Programa de acesso a vivendas em condiçons especiais consoante a situaçom laboral e nível e situaçom económica.
Legalizaçom de todas as drogas.
Distribuiçom gratuita e generalizada de preservativos e anticonceptivos.
Locais públicos para manter relaçons sexuais.



Contra a repressom, o controlo social e o militarismo
Saída das forças repressivas e militares espanholas de ocupaçom da Galiza (Exército, Guarda Civil, corpos policiais).
Imediata legalizaçom de todas as organizaçons independentistas e revolucionárias.
Proibiçom das organizaçons fascistas e de extrema-direita.
Juas! Legalizar os nosos, prohibir os outros. Son a mesma merda... Só se debe ilegalizar un movemento político a partir de delitos probados. O Mendiguiño rexeita as ilegalizacións de partidos políticos polas súas ideas, sexan unhas ou outras. Nunha democracia non caben delitos de opinión.


Contra o gasto, a indústria e a investigaçom militares.
Desmilitarizaçom e desnuclearizaçom da Galiza.
Iso de xuntar enerxía nuclear con armas nucleares é curioso. Na Galiza non hai nada que desnuclearizar, xa que non hai nin centráis nin vertedoiros de material radioactivo. Pola mesma, poderiamos dicir que non nos poñemos ó cinto de segurança nas viaturas porque leva pretensores pirotécnicos, cunha carga de explosivo igual á que levan os proxectís do exército. Hai xente que mestura cousas dun xeito que non é de lei.


Galiza anti-imperialista: pola solidariedade internacionalista
Defesa de umha nova ordem internacional alicerçada na solidariedade, a ajuda mútua e a nom ingerência.
Contra o intervencionismo dito “humanitário” e as guerras preventivas.
Polo direito de asilo e o respeito aos direitos da populaçom imigrante. Nengum ser humano é ilegal.
Igualdade entre todos e todas as habitantes da Galiza, sem excepçons.
Contra as fronteiras e os muros do Capital. Pola solidariedade entre os povos e @s trabalhadoras/es.

4 comentarios:

wenmusic dijo...

¡Gracias polo resume, meu!

O programa de Nós solta algunhas barbaridades, algunhas por non profundizar, quizáis porque non teñen con qué.

O programa de FPG pareceume moi interesante, ben redactado e ata parece que saben en xeral do que falan. Tanto este como o de EU parécenme bos programas, con poucos tapuxos.

Teño abertos en pestanas os do BNG, PP e P$O€, que aínda que sei que non os votarei, e soltan moita literatura mala e pouca chicha, alomenos ollareinos algo. Pero bueno, temos mostras máis que sobradas das súas formas, do que fan e do que NON fan.

O certo é que vistos os resultados da esquerda en Galicia, trátase da comunidade más dereitona do estado; polo que resulta ata cómico que dende aquí se lles chame fachas ás veces a madrileños ou murcianos.

Ah, eu creo que se di "lerias", para o que te queres referir. As leiras son as fincas.

De novo, gracias polo esforzo de resumir os programas da esquerda que non vai entrar no Parlamento Galego, pero mira, só sabendo iso, case me entran ganas de votar algo que non sexa a viñeta de mortadelo. Se o meu voto vai ser inútil (e vaino ser), alomenos que sexa coherente (o máis posible) coa miña forma de pensar e ver a realidade.

El mendigo dijo...

Grazas pola corrección, compi. É o que pasa: escribo tanto que logo dame perguiza poñerme a releelo todo para correxir os erros. Non me leo nin eu, como para esperar que me lean outros! XDDDDD

joas joas joas

Eu votei hai uns anos por Nós, cando o cartaz que sacaron cos tipiños espidos que poñía "para todo hai unha primeira vez". Pareceume tan boa a idea que mereceron o meu voto. Do que lles serviu...

Agora están pegando cartaces cun fulano diante dun banco, cunha pedra na mao, dicindo "a crise que a paguen eles".

Ostia, moitas grazas por relacionar esquerda e gamberrismo!

O que ideou ese cartaz era parvo de todo. Era para darlle de ostias. Xa criminalizaron o independentismo, e agora van facer o mesmo co anticapitalismo.

Además, como se guindando pedras ós vidros dun banco foses arranxar nada. Primeiro: están blindados. Segundo: ten un seguro, co cal o que consegues é que teñan vidros novos de balde.

E logo a aseguradora súbenos a todos as pólizas, para compensar ese acto de "revoluçom". Que ostias, ya puestos, decimos revolução.

En fin, son uns rapazolos e no fondo non son mala xente. Dentro duns anos a algún verémoslle no BNG, o poida que no PPdG (viches o do PP hai anos, que era unos dos do tetiña-free?).


Por certo, tiña en mente facer unha análise comparada entre o programa do P$O€, do PP e do BNG, e atopar as diferenzas.

Poderiamos facer un xogo: eu pego un anaco de programa, e tedes que adeviñar de qué partido se trata. Sen mirar, claro.

Se tivera tempo...

El mendigo dijo...

Ah!

Consonte unha amiga ven de me dicir, a música do vídeo electoral de Nós (manda truco os horarios de emisión que lles deron) é do grupo "In Extremo", folk metal teutón.

Por se gustolle a alguén máis que a min. ;)

pilar dijo...

Yo también, mendigo, te doy las gracias por el resumen. Sobre todo por lo ameno que lo haces.

Y como siempre mi voto será inútil.