30 de noviembre de 2007

A amora na silva


Estando a amora no seu lugar
veu a mosca para lle picar.
A mosca na amora,
a amora na silva,
a silva no chan;
o chan, como é duro,
de todo ten man.

Estando a mosca no seu lugar
veu a araña para a papar.
A araña na mosca,
a mosca na amora,
a amora na silva,
a silva no chan;
o chan, como é duro,
de todo ten man.

Estando a araña no seu lugar
entrou o galo para a peteirar.
O galo na araña,
a araña na mosca,
a mosca na amora,
a amora na silva,
a silva no chan;
o chan, como é duro,
de todo ten man.

Estando o galo no seu lugar
chegou o raposo para o papar.
O raposo no galo,
o galo na araña,
a araña na mosca,
a mosca na amora,
a amora na silva,
a silva no chan;
o chan, como é duro,
de todo ten man.

Estando o raposo no seu lugar
chegou o can para o escorrentar
O can no raposo,
o raposo no galo,
o galo na araña,
a araña na mosca,
a mosca na amora,
a amora na silva,
a silva no chan;
o chan, como é duro,
de todo ten man.

Estando o can no seu lugar
chegou o lobo para o papar.
O lobo no can,
o can no raposo,
o raposo no galo,
o galo na araña,
a araña na mosca,
a mosca na amora,
a amora na silva,
a silva no chan;
o chan, como é duro,
de todo ten man.

Estando o lobo no seu lugar
chegou o home para o escorrentar.
O home no lobo,
o lobo no can,
o can no raposo,
o raposo no galo,
o galo na araña,
a araña na mosca,
a mosca na amora,
a amora na silva,
a silva no chan;
o chan, como é duro,
de todo ten man.

Estando o home no seu lugar
chegou o pau para lle zoupar.
O pau no home,
o home no lobo,
o lobo no can,
o can no raposo,
o raposo no galo,
o galo na araña,
a araña na mosca,
a mosca na amora,
a amora na silva,
a silva no chan;
o chan, como é duro,
de todo ten man.

Estando o pau no seu lugar
chegou o lume para o queimar.
O lume no pau,
o pau no home,
o home no lobo,
o lobo no can,
o can no raposo,
o raposo no galo,
o galo na araña,
a araña na mosca,
a mosca na amora,
a amora na silva,
a silva no chan;
o chan, como é duro,
de todo ten man.

Estando o lume no seu lugar
chegou a auga para o apagar.
A auga no lume,
o lume no pau,
o pau no home,
o home no lobo,
o lobo no can,
o can no raposo,
o raposo no galo,
o galo na araña,
a araña na mosca,
a mosca na amora,
a amora na silva,
a silva no chan;
o chan, como é duro,
de todo ten man.

Estando a auga no seu lugar
chegou o boi para a lapar.
O boi na auga,
a auga no lume,
o lume no pau,
o pau no home,
o home no lobo,
o lobo no can,
o can no raposo,
o raposo no galo,
o galo na araña,
a araña na mosca,
a mosca na amora,
a amora na silva,
a silva no chan;
o chan, como é duro,
de todo ten man.

Estando o boi no seu lugar
chegou a silva para lle picar.
A silva no boi,
o boi na auga,
a auga no lume,
o lume no pau,
o pau no home,
o home no lobo,
o lobo no can,
o can no raposo,
o raposo no galo,
o galo na araña,
a araña na mosca,
a mosca na amora,
a amora na silva,
a silva no chan;
o chan, como é duro,
de todo ten man.

Tradicional galega



Existen varias versións desta cantiga tradicional, na Galiza pero tamén en culturas moi diversas, noutros tempos e noutras terras. É unha cosmogonía popular que introduce o concepto do antagonismo que xenera desequilibrios parciais. Pero eses desequilibrios son pechados por un equilibrio xeral de orde superior, que debe existir en todo sistema estábel.

E aquí podemos estar falando de física clásica ou subatómica, de política ou de psicoloxía.

Esta narración de homes sen letra, poida que tan antiga coma o home, ten a intuición do equilibrio, do balance de forzas. Podémolo transportar as estructuras sociáis, ou a vida mesma.

Outra cousa salientábel é o escenario no que se representa esta traxicomedia que é a vida: o chan inmutábel, intemporal, que a todos e todo sostén.

Hai máis sabedoría neste cantar de xentes sen letras que en ducias de libros de filosofía e metafísica.

Equilibrio.

4 comentarios:

Raíña Loba dijo...

Xa che dixera que me gustou. Isto é filosofía :)
Sinxela.
¿Onde atopaches o debuxo? está moi ben.

Mendiño dijo...

Buscando imaxes con "infinitum" saíume esa. Eu pensaba noutra imaxe que tiña na testa, pero non a atopei.

flor de un día dijo...

Es cierto, este tipo de estructura se encuentra en muchos cuentos de muy (a primera vista) alejado origen. Conozco algún otro, muy parecido. Lo leí siendo peque. Ley de vida, la muerte que nos mantiene vivos, el eterno retorno... Al final, por muchos kilómetros que nos separen a unos y otros, por mucho muro que nos quieran obligar a construir, seremos como un mismo ser, mal que les pese a muchos, con unos mismos intereses y el mismo, casi idéntico origen y, por supuesto, final.

Anónimo dijo...

como a pixota que morde a cola.