3 de marzo de 2006

Os collóns de María Pita


Fiquei cheo da contestación a Elric no tema anterior, e decateime que sería de certo unha mágoa que se perdera por entre as augas procelosas do piélago das contestacións.

Qué lle queredes, é o orgullo de pai ;)



Olla rapas, coido que tí non saberías distinguir unha ovella churra dunha merina, non si? É máis, penso que endexamáis tocaches nem churras, nem merinas (razas castelás) nem nenguna outra ovella. Estou no certo?



En canto o do touciño e a velocidade, non só o dicides por "alí"...é a traducción dun dito castelán moi xeneralizado.

Bem, imos ó grao:

Nom pensaba mesturar a forma de propiedade andaluza, coa castelá e a galega. O exemplo do galego púxeno como paradigma do baldrán que se deixa asoballar por non ter unha conciencia de clase co faga forte fronte os abusos do poderoso.

A propiedade galega foi dende a Idade Media de siño enfitéutico, é decir, unha forma de propiedade foral.

Segundo tí o presentas, os loitadores galegos conseguiron esa lei que lle quitou a propiedade os nóbeis para lla dár os labregos. Nom si? Unha sorte de revoluçom francesa mesturada con lacón e grelos.

Os collóns de Maria Pita, rapas!

A lei de Redención Foral foi promulgada pola ditadura do xeneral Primo de Rivera, para bem dos señores. Para facer a redención, o foreiro tiña que pagar o terratenente unha cantidade que facía vinte veces a renda.

Na realidade, ista lei fora moi convinte para os intereses dos nóbeis e señores, xa que con ela lexitimaban a propiedade da terra, e no caso das exaccións, recibían por ela unha cantidade por riba do precio do mercado.

O certo é que, ó contrario do que ti afirmas, que o labrego galego foi dono da terra a partiren do 1926, ista lei non mudou nada no agro galego, xa que só foi aplicada de xeito moi puntual, case que anedótico.

O labrego nom tiña a propiedade...nem deixaba de tela (propiedade en enfiteusis). Con ista lei perdeu dereitos en favor do dono.

Ista merda de lei que ti presentas como un agasallo os galegos (a saber neto de quén serás para velo asi) foi revocada pola República, poñendo fin o réxime foral (artigo 22º da Ley de Reforma Agraria). Os galegos agradecérono sendo a primeira rexión en unirse a sublevación franquista. O merdán do labrego galego, sempre defendendo os intereses do seu dono, contra os dos seus compañeiros de clase, contra os seus compatriotas (unha minoría) que botaron o monte ou fuxiron a França para continua-la loita. Sempre presto a mata-lo seu irmán por recibir do dono as cóxegas no lombo. Capaz de morrer nunha pelexa de borrachos, mais non de ergue-la voz o señorito para pedi-los seus dereitos.

En canto a que os caciques non eran propietarios, non penso nem tan sequera entrar a valoralo. Tiñan empregos na adeministración...algúns. É porqué os tiñan? Por se-los fillos dos terratenentes, os únicos con educación e contatos para chegar a eles. Favor por favor...así dito...parece colegueo entre iguais. Os collóns. Explotación do labrego polo dono da terra, rapas! O cacique era (e sigue sendo) o "pai" mafioso arredor do cal xira a vida económica dunha unidade de producción (pobo ou comarca), é o cacique o que obtén os beneficios, das súas terras, e do produto das demáis. As familias de señoriños podían vesti-la saia de donos, de comerciantes, de banqueiros ou de advogados. Era o mesmo: vivir a costa do traballo alleo. Aproveitarse da miseria, da iñorancia, da cobardía do galego medio.

Como agora.



Mariano José de Larra, un dos mellores escritores españois do romanticismo, escribía alá polo século XIX:

"El gallego es un animal muy parecido al hombre, inventado para alivio del asno"

Ti podes alporizarte, a min dame o mesmo.

Ou bem podes pensar porqué unha persoa intelixente e bem informada facía este xuizo, moi común ademáis na sociedade da época.

O labrego galego sempre foi considerado entre as clases pudentes como un perro fiel e submiso, pouco levantisco e como moito algo rosmador. As galegas alimentaron coas súas grandes tetas os fillos alleos alá na Castela. Sempre dóceis, sempre servís.

A historia da Galiza (mellor dito, Galiça), a partir do s.XV e deica agora, da noxo.

(as mallorías absolutas do último ministro feixista gobernando en Europa foron unha sorte de lexitimación democrática do franquismo na terra que o víu nascer).

Se ti queres mestura-los libros de historia cos de fantasía, que vexo que gustas deles, alá ti. Podes pensar que eres fillo dun Breogán gerreiro e altivo, se gostas. Pero ísa non foi, non é a Galiza real. As veces penso que os que inventades unha historia galega feita en clave épica, ou non coñecedes o que dicides amar, ou os avergoñades dos farrapos da vosa pretendida amada e pretendedes troca-la.

Galiza foi a que foi, é a que é, e non hai que troca-la sua historia, senon o seu futuro.















Como terapia de grupo para os que vos imaxinades fillos de Breogán, antergos dun guerreiro celta insubmiso e indomábel, para que vexades cómo sodes vistos polo mundo adiante:

Todochistes
Bepop
Morri de rir
País de locos

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Dis:
"Como terapia de grupo para os que vos imaxinades fillos de Breogán, antergos dun guerreiro celta insubmiso e indomábel, para que vexades cómo sodes vistos polo mundo adiante:"

En fin digo eu que xa que ti semellas ser galego, aínda que sexa en plan "pues aquí donde me ves yo te soy gallego y no se te me nota nadita". Deberias decir "como somos vistos por el mundo" . Alén, eses chistes son sobre "gallegos" máis que sobre "galegos". Entendemonos non?.

No resto do que expós estou totalmente dacordo contigo. Somos membros dun dos pobos de conducta máis ruín do planeta. Pero maioritariamente esta conducta corresponde a xente que pretende gañar a condescendencia dos seus superiores (ojo que no igualdad,que nadie se crea que por ser un buen gallego-español va a ser considerado un español)sendolles útiles e comportandose do xeito que os seus superiores lles din que se comporte, aínda que vaia contra o que eles son. Esta é o comportamento que da orixe aos chistes.

Es evidente que el esclavista blanco era condescendiente con el negrito bueno que le hacia la comida, y sabía cual era su sitio y lo que le esperaba. Lo que no implica que no lo considerara inferior, sólo que no lo explicitava como cuando se refería a esas bestias negras, por los esclavos que se revelaban. Vamos que lo único que separaba a un morenito de una bestía negra, es que el morenito se gana la condescendencia de su natural superior comportandose como este espera que se comporte un morenito.

Ahora dejo este arrebato para seguir siendo lo que "soy". O acaso alguien se cree que me voy a buscar problamas en el curro y con los amiguetes por defender esto publicamente. Que todos somos gallegos. Y queramos o no sabemos lo que hay, claro que algunos se autoengañan.

Firmado: Un gallego español de bien que no se autoengaña.

El mendigo dijo...

Home, é que eu...non che son galego. Son castelán, a lo menos é onde nascín.

O certo é que non son galego...nen o deixo de sere. (resposta máis galega que polbo a feira, jejejeje)

Son fillo de galego e levo vivindo eiquí só catro anos.

Para compensar hei de dicir que os chistes de galegos danme moita pena, pois falan dos homes e mulleres que cruzaron o mar para saír da condea a morrer de fame que pesaba sob eles. O galego non é nem máis nem menos intelixente, cobarde, honrado ou calquera outra calidade moral. O que determina a mesquindade do labrego medio era a extrema explotación que soportaba, ademáis da incultura que negoulle participar dos movementos obreiros dos últimos dous séculos.

O galego da costa, sobre todo nas cidades máis industriais como Vigo e Coruña, foi ponta de lanza no progreso e a modernidade. Lembro que a primeira asociación feminista española nasceu na Coruña. A dicotomía antre a Galiça rural, profundísima e a relativamente desenrolada costa é tremenda.

Así pois, cando o galeguiño emigraba, facíao acomplexado, cos ollos fixos nos zapatos, como lle obrigaran os caciques e curas a comportarse. Con humildade. Con servilismo. Isto provocada a burla dos outros inmigrantes máis coraxudos (extremeños, vascos, asturianos...e tamén italiáns, alemáns, portugueses...).

A represión dépois dos movementos irmandiños, que aínda reproduxeronse nos séculos XVI e XVII, foi case que xenocida. "Enchede os carballos de vasallos" era a consiña antre os nóbeis. O galego non nasce besta, redúceselle a animalidade.

Asinado: Un que non sabe se algo terá de galego, algo de castelán, algo de portugués...algo de ruso dende que leíu a Tolstoi, de francés denque que enamorouse das suas mozas, de grego nada más ollar a obra de Fidias, de hindú da mao de Tagore...

O certo é que español non son, porque non sei qué carallo é iso. Se alguén pode explicarme cal é a cultura española, qué lingoa ten, cales son as súas tradicións, cal a súa literatura...entón verei se me identifico. Pero se íso non existe, se nom existe un pobo español, senon somentes un Estado...eu non son español. Eu non son servo dun rei, son cidadán dunha sociedade, membro dun pobo é dunha (de mil!) culturas.

Anónimo dijo...

Yo soy de origen castellano, aunque como dice un refrán gallego "A baca é de onde pace non de onde nace", así que en contra del refrán castellano "Antes moro que gallego" he acabado convertido en gallego, a mi pesar.
Hay ciertas cosas de los gallegos 100% que no me acaban de entrar. Especialmente reprobable me parece la actitud de servil sumisión que se practica generalizamente en estos andurriales. El común de los gallegos (en todas sus variedades: gallegos de boina, gallegos de birrete, gallegos españolistas, gallegos nacionalistas…) Practica una sumisión desconocida en tierras castellanas, por ganarse la palmadita en la espalda del que manda llega a creerse que realmente piensa lo que los que están por encima de él quieren que piense. En todo hay excepciones. Antes de criticar el planteamiento recordemos la movida del “nunca máis” y el “moitos máis” de esos gallegos de costa que tu dices diferentes del resto.

Sobre a paisanaxe galega emigrante , discrepo abertamente contigo, non é a pobreza e a submisión aprendida do cacique o que levou os chistes. O que leva a burla e o desprezo xeralizado dos galegos é algo bastante distinto. Si os campesiños galegos estaban oprimidos pero non máis que os campesiños de Aragón, Portugal ou mesmo Castela. A diferenza con estes e que nos séculos XVII e XVIII foi aniquilada tanto a nobreza como a burguesía galega, pasando a ser substituída por nobreza ou burguesía castelá ou castelanizada na súa totalidade. Falando dende un punto de vista étnico a pertenza ao grupo étnico galego levaba aparellado ser pobre e sometido xa que non había galegos burgueses. O que levou a algo evidente para os propios labregos galegos asociar ser galego con pobre, pailán e sometido. É dicir a diferenza dos outros labregos da península non podían mirarse no espello da burguesía propia. Isto deu lugar o chamado autoodio, odiome porque son galego e polo tanto vou ser pobre, e levou a conciencia colectiva dos galegos a frase “son pobre porque son galego” de feito ti mesmo saberás que aínda hoxe o éxito social leva aparellada a desgaleguización cando menos lingüística. Resumindo galego=pobre, castelán=rico. Este é un fenómeno estudado en tribos indíxenas americanas, por psiquiatras e sociólogos americanos. Que leva a cousas tan curiosas como conta Marvin Harris todo indio que aprende o castelán pasa a considerarse a si mesmo mestizo. Frase textual “mis padres eran indios que vivían en la selva pero yo soy mestizo”. Ridículo e tamén moi galego. Indio+india = indio fale o que fale. Pero eu non podo ser indio porque falo español e vivo na cidade. Avergóñame ser indio e odiome por elo e trato de ocultalo chamándome mestizo, cando todo o mundo sabe o que é un mestizo. E non se chama branco porque non se pode cambiar a cor da pel ao Michael Jackson.

Sobre tu pertenencia a muchas culturas o pueblos podría hablar mucho, pero quizás en otra ocasión, sólo a modo de reflexión que muchos judíos alemanes se consideraban totalmente alemanes, incluso alguno ya no tenía conocimiento de ser judío. Claro que lo descubrieron cuando un tal Hitler llego al poder y de repente todos los alemanes dejaron de considerarlos alemanes. Lo mismo les pasó a los habitantes del Sahara de la noche a la mañana los mismos que habían insistido durante años en que eran españoles dejaron de considerarlos españoles. Por muchos que ambos se consideraran españoles o alemanes dejaron de serlo. Lo que me lleva a decir que ser de alguna cultura o pueblo no sólo bien dado porque tú te consideres parte de esa cultura o pueblo sino que, como animal social que es el hombre, los otros miembros de la cultura o pueblo te consideren parte de su cultura o pueblo. Es evidente que a ti y a mi los hindúes nos consideran igual de nada hindúes, a pesar de que tu te consideres a fin a su cultura o pueblo y yo no.

Firmado: Un gallego español de bien.

El mendigo dijo...

Falaches moi bem.

Só podo engadir un comentario, a nobreza galega non foi aniquilada nese tempo. Depois de perder a súa independencia e submetida o poder de Castela no século XV, as cabezas das principais familias galegas foron vivir a corte de Castela, onde se fixeron castelás, participando nas guerras contra os últimos redutos musulmanes na península, e logo no sofocación das revoltas dos moriscos, e mailas guerras contra o turco.

Así, ao chegar os séculos XVI e XVII a nobreza galega residía fora da Galiça, e na terra ficaran a baixa nobreza e o fidalgado, que fíxose con terras no rexime de subforo. Iso foi unha forte carga para o labrego galego, pois tiña q mantelo gran nobre na corte, e o fidalgo no pazo.

Con la centralización do século XVI e XVII, iñorando as prescripcións que dera a raiña Isabel para que no Reyno de Galicia só exerceran su oficio administrativo e xudicial xentes naturales deste terra, foron chegando as capitais de provincia xuices, inspectores, alguacís, gobernadores...casteláns. Como ben sinalas, eran eles o cimo da pirámide social e esa fidalgía galega castelanizouse.

Polo tanto, o modelo social na galiza era castelán.

Isto é bem sabido, máis...

Non penso que a imaxe de besta traballadora e submisa do galego na emigración teña moito que ver cos dereitos lingüisticos, y si con unha represión salvaxe e un control férreo por parte dunha nobreza fraca que xenerou a figura do cacique. Ísa é a diferencia co campesiño de Aragón que mencionas.

maría dijo...

Joer, qué animado se está poniendo esto...
Y yo, sin tiempo para leerlo todo ni comentar!!!!! :-(

Otro día, a ver si hay suerte

Unha aperta

P.D.: o teu galego escrito é realmente bo, en serio ...

El mendigo dijo...

Non traballes tanto, que non estás acostumada e pódeche sentar mal. :p

Jejejeje

Pois nada, graciñas. A lo menos coido que as fotos de Salgado serían do seu agrado, non si?

Unha forte aperta e deica o Xoves!

Elric dijo...

Joder, pois a min paréceme insultante este post.

Claro que hai chistes de galegos. E de cataláns, e de vascos. E de Lepe. Son estúpidos os de Lepe, logo?

En canto á sumisión dos labregos: Sónache de algo o movemento agrarista? Sabes quen foron Alonso Ríos, Basilio Álvarez, o directorio antiforista de Teis, Solidaridad Gallega? Coñeces os poemas de Ramón Cabanillas?

Efectivamente, a ditadura de Primo de Rivera aboleu os foros... tras décadas de loita dos campesiños, que o que desexaban é ser propietarios da terra, como todos os labregos do mundo. O profesor Barreiro Fernández explicao mellor ca min nas súas obras

E por último, os comentarios que lin aquí non son máis que unha mostra refinada do autoodio galego. O ex ministro franquista xa perdeu as eleccións, mentres no avanzado Madrid teñen a Esperancita Aguirre. E en Castilla-León, aos do mesmo partido.

Xa me doe máis o dos meus avós. Un era labrego, e lembro cando me contou como os paisanos dos arredores de Pontevedra baixaron á cidade a pedir armas para defender a República (na misma cidade onde despois sería pasado polas armas Alexandre Bóveda). O outro avó traballaba na mariña mercante -a miña avoa víao cada seis meses-, e ningún deles apoiou o franquismo nen baixou a cabeza ante os caciques, polo que sei. Se o fixesen, en todo caso sería asunto dos meus avós, non meu.

Na Galiza (ou Galicia, ou Galiça, dáme igual) tamén gañou as eleccións o Frente Popular, a diferencia de Castilla ou Navarra. Se se impuxo o fascismo foi pola forza das armas, como na maior parte de Hespaña (así o escribía Castelao).

E de Breogán falas ti, non eu,

PD: Efectivamente, gústame a literatura fantástica, e as pelis de Star Wars e Indiana Jones, aínda que sexan produtos culturais do imperialismo anglosaxón. Por veces non todo é política.

El mendigo dijo...

¿Insultante? Home, eu non pretendín insultar a ningúen. Ferinte...pode.

Para non alongar moito, de xeito telegráfico:

O sindicalismo galego agrario era minoritario (agás en rexións moi concretas)

O movemento agrarista, lonxe de ser un libertador dos traballadores, estaba rexido por pequenoburgueses como Basilio Álvarez (abade) ou o mesmo Castelao. Tiñan tanto medo da CEDA como do PSOE.

En canto a que os labregos queren posui-la terra...queren, mais según a qué prezo. Os traballadores do campo teñen dereito a posui-la terra que traballan. A lei do 27 non lla daba, daballes dereito a mercala. E ben pagada, por certo. Non é o mesmo, non crees?

Franco non gañou Galiza coa forza das armas. Gañouna porque sempre foi súa, reaccionaria igual que Navarra ou Castela-a-vella (e non como A Mancha, terra de xornaleiros). A resistencia nos primeiros días foi case que anecdótica. Non sei cantos efectivos tiña o exército na semana seguinte ao alzamento (a min dame perguiza, mirao ti), para opoxerse a vontade dun pobo, mais pretender como pretende o mentirán de Castelao que é pq non lle deron armas a xente...

Noutras partes de España, cando non había fusís, había escopetas ou dinamita (que llo digan os de Ovieu).

Tampouco é que o galego medio estivese contento co golpe. A meirande parte dos galegos eran alleos a defensa da República, que por outra banda nada lles dera. Chegaron os militares, levaron as patacas, as pitas e aos fillos para o frente, como fan sempre. Fusilaron aos máis "enteradillos", para alivio da meirande parte da vila, e aquí paz e depois gloria.

Pois iso, que penso que segues a coller a Historia con moi pouco rigor, inventando un pasado heróico que non foi tal.

Galiza é, dende fai séculos, reaccionaria. O segue a ser, vindo que non hai ningún partido político de esquerdas con representación cameral (de esquerdas por programa, por ideoloxía, non por nome). O BNG, para acadar algún poder, tivo que renunciar a calquer vencello marxista que lle poidera quedar.

O galego vende.

A loita de clases, nesta terra...NON.

Así os va :p

Elric dijo...

Ante os meus datos incontestábeis -vitoria do Frente Popular nas eleccións do 36, agrarismo, aprobación do Estatuto...-, respondes con prexuízos.

Pois alá ti. Volve para a estepa, se estás máis a gusto entre os revolucionarios casteláns...

El mendigo dijo...

Arrecarallo!!!

Agora chamas prexuízo a decirche que o movemento agrarista non era un síndicato de clase senon unha mestura de medios e pequenos posuidores da terra para facer fronte a ameaza dos grandes propietarios. Un dos seus padriños era a Igrexa, resentida polas desamortizacións de as décadas anteriores.

Tamén será prexuizo decirche que a Lei da Redención Foral da ditadura foi un regalo os nobeis envolto en papel social de agasallo. Ista lei sirveulles os grandes propietarios para lexitimar a posesión da terra que antes tiñan con modelos de posesión mixtos feudais.

E agora me saes co Estatuto. Manda truco!!! Oes rapaz, sigo a dicirche que non deberías mesturar os contos de elfos ca historia. Eiquí non abundan os heroes, e os que hai, po-lo xeral morren descoñecidos, cando no aldraxados.

Ti oubiras falar do "Santo Pucherazo"? É que teño medo de que digas que tamén son prexuízos meus... O Estatuto Galego aprobouse nunhas eleicións que foron o paradigma do fraude. A xente ía votar dúas, tres, catro veces...hasta contan algúns que ían a casa a mudar de traxe para non chamaren tanto a atención.

Lembro que acadaron uns resultados de participación do 70 e algo %...por riba dunhas eleicións lexislativas! (nem tan sequera na Galiza de hoxe poden ser creíbles esas cifras). E os resultados foron do 10% ou así a favor do rexeitamento do Estatuto. :p

Isos son os teus datos incontestábeis? Eu mexo por riba deles! Preséntasme políticas burguesas para probar o carater irredento do pobo galego? Pero tí sabes do que falas? Todo o que che soa a galeguismo xa o pos como revolucionario? Castelao, que ti o ves como o xove Padawan, foi unha pedra no camiño da reforma agraria na Galiza. É normal, defendía os seus intereses de clase.

A parte da merda dos católicos e galeguistas, pódoche falar de algúns grupos de anarquistas (no agro) e socialistas (e algún comunista, nas cidades) que si que defenderon a República contra a brutalidade feixista, subindo o monte (moitas veces non era unha decisión valente, senón simple supervivencia, fuxían al avisarlles que ían por eles). Cantos cregos ou xente do PG loitaron dende o monte ou intentaron chegar a posicións republicanas?

E todo isto é para probar que Galiza non era (e seguer a ser) profundamente reaccionaria? Valente avogado de causas probes! Se pensas defender Galiza de min...é que non entendiches nada.

En canto o teu prexuízo da estepa...Castela ten un ecosistema mellor conservado ca Galiza. Só a provincia de Salamanca ten máis carballos que toda a Galiza xunta.

Eiiiiiiii, eucaliptal!!!!

miguelmie dijo...

Mendigo, ¿cómo consigues que la gente diga lo que quieres oir?

Siento meterme donde no me llaman pero me parece buenísimo el "debate", jajaja.

También siento no poder hablar ni escribir en gallego... ni en catalán, ni en euskera, ni en finlandés, ni en náhuatl...

El mendigo dijo...

Pues no te creas, yo siento vergüenza.

Mira que soy el primero en ser faltón, y defender posiciones extremas para obligar a la gente a retratarse. Me gusta la pelea dialéctica!

Y sí, un poco le he ido conduciendo a retratarse y que él solo quedase en ridículo. Al personal, hay que darle cuerda, y ellos solitos se ahorcan.

Pero lo de este tipo, riéndose de los asesinatos de ETA, ya me ha parecido demasiado. Como si entra otro tomándose a chufla las cámaras de gas.

Todo tiene un límite y éste se ha pasado 20 pueblos.


Una cosa: por si observas diferencias entre mi gallego y el que empleaba el pavo este. Ambos son válidos. Yo intento seguir las normas de la Academia Galega, mientras que el suyo es reintegracionista. Son formas diferentes de escribir el mismo idioma. El reintegracionista se supone que es políticamente afín a grupos independentistas. Es pues una cuestión más política que filológica (todo es cuestión de establecer un convenio, la lengua no deja de ser un convencionalismo de signos).

Por cierto... el náhuatl? Y dónde se habla eso?

Ok. Me respondo: lengua franca del Imperio Azteca. No tenía ni idea. Mira, siempre se puede aprender algo más.

Un saludo, tronk!

miguelmie dijo...

Sí, sí, a eso me refería... que elasticidad tienen algunos para pisarse a sí mismos la cabeza y meterse la lengua en el culo.

Bueno, yo he aprendido la diferencia entre el gallego académico y el reintegracionista. Nunca te acostarás sin saber algo nuevo.

Saludos!

El mendigo dijo...

Hala, todo borrado.

En este espacio está permitido defender toda suerte de ideologías.

Lo que no cabe en mi espacio es la apología del crimen. Aquellos apóstoles del odio entre personas, aquí no tienen cabida.

Todo mensaje en el que se ensalce o justifique la tortura o el asesinato, será eliminado.

El fascismo no es una ideología, es la negación de las ideologías.

Anónimo dijo...

...Nom me imaxino nada,,,,que a nossa herdanza é dosm pobos galaicos-celticos,,,é uma realidade,arqueolóxica,histórica,antropolóxica,etc....se ti eres de eses "BUENOS GALLEGOS" que lhe asusta a liberdade,e a dignidade como pobo ou individúo,,coido que tes um grande problema de autoestima,,,,creo na liberdade dos pobos,e os metodos pra conquerila,,,sem mais um galego galaico e insubmiso...com xente coma ti,,,imos fodidos,,que nom se enfadem os teus donos espanhois...a Estrada2011