30 de octubre de 2007

As acelgas de Touriño



Esta é a táboa de equivalencias dos novos certificados de lingua galega (CELGA). Á dereita, a proposta de equivalencias do ensino da lingua galega nas EOI, a día de hoxe pendente de aprobación e correspondente publicación no DOG.



-----------------------------------------Cursiños(75 horas)---------EOI – Plan antigo (a extinguir)---------- EOI – plan novo (proposta)

CELGA 1------------------------------------Iniciación
CELGA 2----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------Ciclo Medio
CELGA 3------ESO / FP1-------------------------------------------------Ciclo Inicial-----------------------------------Ciclo Superior
CELGA 4------BACHARELATO--------Perfeccionamento
CELGA 5------Filoloxía-------------------------------------------------Ciclo Superior



  • Os alumnos do plan vello rematarán os estudos cun nivel CELGA 5. Ós que este ano tocounos o plan novo remataremos galego cun nivel CELGA 3. Se non se rebaixan os contidos, semella unha inxustiza que, de un ano para outro, nos baixen dúas categorías.

  • Segundo o plantexan, aqueles que rematen o grao superior de galego na EOI terán un nivel de lingua de ESO. Moitos dos alumnos somos docentes. Así pois, aqueles mestres que rematen 6º na EOI, a Xunta concederalles o mesmo nivel (CELGA 3) que ós seus alumnos. Peor o teñen os profesores de ensino secundario, que non poderán acadar o nivel dos seus (CELGA 4).

  • Nestas equivalencias, o cursiño de perfeccionamento (agora CELGA 4) de 75 horas ten máis valor que rematar o Ciclo Superior de galego.

Coa primeira parte da táboa (xa aprobada e publicada no DOG do 30 de Xullo) parece evidente que este goberno segue a mesma política de normalización lingüística que o anterior executivo: non fai falla estudar galego, o galego é moi sinxelo e calquera pode falalo con asistir a un cursiño, un mero trámite administrativo con tantos aprobados como inscritos. Con ese cursiño acadas o nivel máis alto de coñecemento do galego (CELGA 4), agás licenciados en filoloxía galega.

Coa última columna, as validacións do novo plan das EOI, queda claro que o goberno quere castigar a aqueles profesionais que estudan galego, devalorizando o seu título. Se o título superior da EOI equivale ó da ESO, ningún alumno terá necesidade de estar anos estudando para obter un nivel que xa se lle supón. As clases de galego quedarán valeiras ou quedarán só os alumnos que queiran aprender galego aínda que iso non supoña ningún recoñecemento pola administración do seu verdadeiro nivel de lingua.

A fantasiosa relación de avaliacións que propón a Secretaría Xeral de Política Lingüística, supón un ataque directo ó ensino do galego nas EOI, unha ofensa ós seus formadores e un desprezo por aqueles que estamos dedicando parte do noso tempo en acadar un nivel superior de coñecemento do galego.

Este desatino ten unha base: considerar o galego como lingua estranxeira en Galicia. Suponse que os alumnos doutros idiomas, ó rematar o ciclo superior, teñen un nivel B2 asimilable con outros diplomas europeos. Pero a gran burla é considerar ó galego como un idioma estranxeiro. Segundo o seu “razoamento”, ó rematar o Ciclo Superior teríamos a mesma competencia lingüística en galego que si estudáramos inglés, alemán ou francés.

Parece evidente que as accións deste goberno seguen o camiño de desprestixio da lingua e a política de cursiños de sempre. Unha mentira compartida que considera a competencia en galego como un trámite administrativo, desprezando o dereito dos galegofalantes a que a administración (¡o ensino!) se dirixa a eles facendo un uso correcto e con propiedade do galego.

Rematando: equiparar o noso nivel cos alumnos da ESO é unha burla, unha mentira empíricamente refutábel. A Secretaría Xeral de Política Lingüística quere elevar unha mentira a rango de lei, quere institucionalizar unha inxustiza.

Os alumnos de galego das EOI reclamamos á Secretaría Xeral de Política Lingüística que non minta, que estude os niveis reais de coñecemento da lingua e asigne a cada un o que lle corresponde en xustiza.

A desconformidade entre as ideas e a realidade, ou é fantasía, ou é erro, ou é mentira. Non fagamos lei da fantasía, o erro ou a mentira.





Ligazóns:
Para non perder unha boa oportunidade para a normalización lingüística
Uns títulos ficticios

7 comentarios:

wenmusic dijo...

Sinxelamente incríble. Ó final sí acabarán conseguindo que desapareza. Realmente en Galicia non compensa a independencia, pois os que nos gobernan son tan corruptos e incompetentes como os de "Madriz".

Unha curiosidade: neste post usaches o galego que eu coñezo, co que me criei. Pero cando respostaches no meu blog usaches un galego moi lusista (co que me levo moi mal). Chamoume a atención.

El mendigo dijo...

Realmente en Galicia non compensa a independencia, pois os que nos gobernan son tan corruptos e incompetentes como os de "Madriz"


JAJAJAJAJA

JOAS JOAS JOAS JOAS

Pois tes toda a razón, wen. É máis. Botando a vista o pasado, non sei por qué carallo tivemos que botar a Napoleón da Península (Welington mediante). Iríanos mellor se fósemos unha colonia da França.

Jajajaja

Por certo, ¿o de lusista o dis por usar a cedilla? Bon, é un signo ortográfico máis para marcar unha pronunciación. Podes escreber "Galicia", "Galiza", "Galiça"...no fondo é a mesma palabra pronunciada con acentos distintos.

Como gato e "ghato".

Pero é o único rasgo "lusista" que empreguei, non?

Home, as veces trabúcome e solto algunha palabra que non é galego normativo, tirada do portugués. Sobre todo co perto-preto (que lío!). E logo a mao, o irmao, caíuseme tal cousa o chao...os portugueses pechan un pouquiño máis a última vogal e fan unha nasal (mão, irmão, chão...). O galego da raia seca ten moitas similitudes co portugués, é lóxico.

Moitas veces galego e portugés son o mesmo, só que dito con acentos distintos.

En castelán ocorre igoal: Ti dis "Estuve en Granada", pero un granaíno diría algo así como "'tuve'n Graná". Os madrileños somos de Madriz, aínda que para os cataláns somos de Madrit. Y los maños son de Zárágózá.

;)

Es bonita, la diversidad de acentos.

Nugallán dijo...

Pois menudo favor están facendo ao galego.., se ao final acabará sendo un idioma secundario e opcional nos estudos.

O que pasa é que ti eres un híbrido entre madrilenho e ourensán, con préstamos do portugués! (Ah! e con acento madrilenho :P).

Por certo moi oportuno o debuxo.

Saúde!

El mendigo dijo...

O debuxo, o segundo, é de Xosé Lois, o debuxante do Carrabouxo (publica en "La Región" de Ourense).

Por certo, se ollas os xornais na Galiza: La Voz de Galicia, El Correo Gallego, El Faro de Vigo, El Progreso de Lugo, La Región de Orense... está ben claro que isto é un anaco de Castela. Os españolistas poden ficar tranquilos.

Sobre o tema principal: a cousa é que as EOI son de feito o único medio que ten un galego de mellorar o seu nivel de coñecemento do idioma. Agás estudar filoloxía galega, claro. E os putos cursiños de 75 horas (eu fíxenos, e non aprendín nada novo, xuntan galegofalantes con xente que ven de fóra e non escoitara xamais falar galego...e todos aproban).

Cargándose o galego nas EOI (a lo menos, desprestixiando o título) o que conseguen é desincentivar que os galegos, e sobre todo os galegos que traballan para as administracións (o 95% dos alumnos), e moi especialmente os traballadores do ensino (a maioría dos alumnos) deixen de estudar nas EOI xa que logo non lles computa puntos para oposicións, traslados, trienios, etc...

Os pailáns da Xunta consideran que se estudiaches na Galiza, xa sabes todo o galego que precisas.

Os collóns!

Colles un escrito da Xunta, e está cheo de erros. Terían que ser os mesmos que desprestixian o ensino do galego, os que fosen en fila a matricularse nas EOI, empezando por Touriño e compaña.

Estaría ben que algún día, un Presidente da Xunta, algún conselleiro, aprendese galego. Porque...sexan do PP, P$OE ou do BNG...mira que non meten a zoca (os do PP e do P$OE máis, nótase que falan galego por cumprir co guión).

flor de un día dijo...

Sí, la diversidad, en general, es bella. Hay tanto por saber...
Y ya que hay tanto, por hacer se podrían poner a investigar sobre lo que hay, y no a intentar arrinconarlo en una esquina (menos gente que lo vea y más que lo acabe olvidando).
Ya veremos cómo sigue el fantástico plan que se han montado.

El mendigo dijo...

El plan es claro: eutanasia pasiva al gallego. Que muera despacito y sin dolor.

Luego se rasgarán las vestiduas mientras que por dentro suspiran aliviados.

Y Castilla ya no acabará en la Sierra Segundera sino en el Océano Atlántico.

Raíña Loba dijo...

Pois a min dame pena que se perda o galego das aldeas, tan característico e persoal en cada zona, incluso dentro das mesmas provincias, incluso de unha aldea a outra na que só distan 10km. Xa ves, na miña aldea chámaselle bullotes ás castañas e na do lado dinlle billotes. Faime gracia.
O galego da TVG non me chista, sigo dicindo que hai moitas verbas inventadas polos academiquiños de turno.

Pero o que ti contas, non ten ningún sentido. Alguén haberá que salga gañando algo con esa absurda reforma ou como queiras chamarlle.