3 de julio de 2007

O Courel II




Xa falara aquí da Serra do Courel hai tempo.

Daquela, para ciscarme nos vertedoiros de lixo e nos incendios (e de paso, amosarvos algunhas fotos). Agora, me piden que dé publicidade ó problema das louseiras:

Comunicado Urxente da Asociación Ecolóxico-Cultural "SOS Courel"

Amigas e amigos !!

Pedímosvos encarecidamente que difundades, se o tedes a ben, esta mensaxe canto poidades.

Incrible !! pero de xeito totalmente inesperado, onte 21 de xuño, a Xunta de Galicia decidiu acabar de masacrar ao Courel, cando xa hai máis de 12 macrocanteiras canteiras en funcionamento:

O 21 de xuño , foi autorizada pola Xunta a Canteira A Campa-Santa Eufemia, (paxinas 2 e 17)

O Consello da Xunta de Galicia, tal e como tiña previsto dende fai tempo e sen escoitar o clamor da Cidadanía, tomou a decisión de acabar definitivamente co "Espazo Cultural do Courel".

Esta canteira que traballa nun furado da REDE NATURA, aberto a propósito no 2004; pero aínda nun Espacio Natural según as Normas Subsidiarias e Complementarias; desobedecendo unha orden de peche dende o 2002, confirmada pola Xustiza; foi premiada tal e como se expón nas páxinas 2 e 17

Esta canteira, ao parecer, foille formulada unha Declaración de Impacto Ambiental, que parece ser a garantía de tal legalización

Se este documento fora a garantía ambiental, cando se está a arrasar un río e un bosque centenario, preto de media ducia de poboados medievais, mellor que supriman de un prumazo toda a normativa ao respecto.

O mesmo 21 de xuño, o Consello da Xunta deulle para diante ao "Proxecto de Lei de ordenación da minaría de Galiza", polo que unha vez aprobado no Parlamento, o Courel será declarado "Concello Mineiro". A minaría terá prioridade absoluta sobre o Parque Natural (Páxinas 1 e 7)

Xa o 19 de xuño, autorizárase a instalación do primeiro Parque Eólico, dos varios previstos, na Rede Natura do Courel, en plena Serra do Oribio, no Camiño de Santiago.

¡¡¡ Agora, máis que nunca, seguimos coa campaña de recollida de sinaturas, envíos de correos electrónicos á Xunta de Galicia e a Prensa !!!


Fotos da louseira actual.

E unha páxina con máis información.

1 comentario:

marialob dijo...

Hola mendigo, he visto las fotos y es una verguenza, desde luego parece increíble que una administración pública permita extracciones en parajes naturales tan bonitos y escasos actualmente.En Canarias por desgracia también tenemos situaciones similares, como la montaña Birmagen, la montaña de Taco... Los especuiladores necesitan material para seguir destruyendo nuestro planeta ¿no es una paradoja?.
Saludos